sábado, 18 de abril de 2015

Consellos a unha embarazada (IV)



Os antollos, un problema de parella
            Tres de catro mulleres sofren antollos durante o embarazo, e dicimos sofren porque  moitas das veces os antollos son do máis inoportuno. Quen isto escribe encontrou unha noite de lúa nova a unha nai, co xenro e a filla máis nova, escarvando entre as pedras da praia á procura dunha nécora que se lle antollara á filla máis vella. E xa se sabe que, de non satisfacer o antollo podíalle saír á embarazada unha mancha con forma de nécora en calquera parte do corpo.
            Como consello recollido de don Xesús Taboada Chivite, para evitar esas manchas en lugares visibles, a futura nai ha de poñer a man no traseiro, para que esa mancha saia aí e non onde todos poidan vela.
            Os antollos poden ser de marisco, pero tamén de doces, de froitas fóra de tempo, ou carnes pouco comúns, o que pon en apuros ó mesmo esposo ou compañeiro sentimental da embarazada, daí que o antollo non sexa un problema dun só (dunha), senón da parella, e coa boa resolución dos mesmos, de darlle cumprida satisfacción, digamos que o home cumpre co seu papel de bo compañeiro.
     Outra das grandes preocupacións dos pais é o futuro:¿Que vai o que naza?

1 comentario:

  1. Coñezco algunha futura nai que tivo o antollo de chupar limóns roubados dunha horta...

    ResponderEliminar