luns, 26 de xaneiro de 2015

Santa Dwynwen, a patroa dos namorados galeses

        Por se ós namorados que ledes este caderno, non vos chegan os avogosos de toda a vida, esta santa patroa dos namorados en Gales, adiántase por case un mes ó san Valentín. O que demostra que no santoral ninguén ten a exclusiva, aínda que si pode ter maior fama.

            Cóntase dela que viviu no século V, e namorouse dun mozo pero o pai xa decidira que ela levaría unha vida de completo e virxinal celibato, polo que a moza, ante tal dilema, se obedecer a seu pai ou ó seu corazón, pregoulle a Deus unha solución, e Deus, atendendo a súa pregaria, mandoulle un anxo cunha poción milagreira para que, en dándolla ó mozo, este se convertese nunha estatua de xeo, de maneira que podía telo cerca sen xacer con el, amalo sen consumar o amor carnal, e sen recibir ningunha satisfacción a cambio, só o frío que o xeo outorga, polo que se converteu na patroa dos amores verdadeiros, que polo visto son aqueles nos que se ama sen contacto e sen sentir ningún pracer físico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario