venres, 23 de xaneiro de 2015

BOCA DE NACRE




Por Pura Tejelo
                          Ilustración P. Losada

A noite insomnia
Monóculo de nacre
Coa percepción inmediata de se querer atopar
No número de estrelas calcinadas,
Confundindo sono e vixilia
Para non mancar
A indixencia da nosa carne.
Marchar coa luz fugaz
Dunha ollada fortuita
Que acariña por uns instantes
A nosa contorna tan breve.
Liscar dos momentos híbridos
Boca nacrada probada tantas veces.
         (De Diálogo da Montaña e o sol)

Ningún comentario:

Publicar un comentario