sábado, 6 de setembro de 2014

A Cunca, unha medida de capacidade para áridos.

            Ademais dun recipiente para o caldo, a sopa ou o café, a cunca é unha medida de capacidade.
Cabe na cunca o equivalente a 1/16 de ferrado raso, sendo esta unha medida que varía segundo o lugar e que pode ir dos 12 litros no concello de Touro ós 24 que se dan na Laracha; pero o máis común é o equivalente a 16,15 litros que se aplica en 36 municipios coruñeses.

Como vedes, esta non é candidata a estar na “Oficina de Pesas e Medidas de París”, pero funcionou como funciona aínda hoxe a libra ou a pulgada no mundo anglosaxón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario