venres, 11 de abril de 2014

OLLOS DE BONECA



Por Pura Tejelo

Pupitres brancos como pel nova de abril.
Un severo triángulo negro
cruza bisbeando un tránsito de clausura morredizo
as nenas-herdeiras de cadrelos aforcados en lazos de raso-
esculcan a rúa polos vidrares góticos.

A tarde de xoenllos coroábase e ouro
polas fiestras abertas con grilos de xardín.
Pálpebras de adolescentes Anémonas
Efímeros recreos, pulcros silencios en fileiras eternas.
Unha rapaza moi fermosa tiña os cabelos
como a crina dun cabalo alazán.
Había insinuación de caraveis
nos beizos que lían Decamerón prohibido.

Ollos de boneca velaban a noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario