venres, 30 de agosto de 2013

Unha fonte en Ourol


As construccións populares resolven distintos problemas humanos, solucionan carencias e amosan o amor ós demais. Tal vez, nesta fonte que atopamos abandonada, comesta de herbas e silvas, sen auga e sen vida, se resuma esa apreciación que dicimos. Non só prové de auga ós veciños, senón que tamén amosa o cariño con que un fillo lla dedicou a súa nai.
A placa (sen acentos, pois naquel tempo as maiúsculas non se acentuaban) di:

Recuerdo a la memoria de mi madre. Tomás Gómez Chao. Compañeros, amad a vuestra madre, a vuestros hijos y al trabajo que dignifica al hombre. Instruyendo a vuestros hijos hacéis el mayor servicio a la sociedad y a vosotros mismos. Ano de 1935

Ningún comentario:

Publicar un comentario