martes, 9 de xullo de 2013

o corvo de san Bieito

         San Bietiño de Nursia, o fundador da orde benedictina, retirouse en certa ocasión a facer penitencia a unha cova arredada do mundo e de onde houbese sinal humana próxima, con intención de alimentarse, unicamente da palabra e da mensaxe de Cristo. Pero o corpo non entendía desas cousas e home pasaba fame, e entón, por intervención da divindade, que se apiadou del (porque ninguén vai crer que el fose capaz de adestrar a ningún animal) un corvo viña cada día a traerlle un molete pan, por iso a san Bieito se representa co corvo ó lado, negro coma o seu hábito, pero tamén contradicindo o significado de ave asociada á morte, para converterse aquí nun símbolo de vida.

1 comentario:

  1. O corvo é, ademáis de lo que dices, símbolo de la sabiduría. É por iso por lo que os sabios gustábanlle vestir de negro, que é a líbrea destas aves tan inteligentes.

    De todas formas, aquí pego un enlace para ampliar sobre a mitoloxía desta ave tan poco querida pola sociedade en xeral:

    http://stasiotika.blogspot.com.es/2008/01/el-simbolismo-del-cuervo.html

    Saúdos

    ResponderEliminar